La Bonaigua

Modelo:Xeografía físicaLa Bonaigua
Imaxe
Tipoportela
porto de montaña Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAlt Àneu, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°39′49″N 0°59′00″L / 42.6635, 0.9833
CordilleiraPireneos Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2.072 m
2.076 m Editar o valor en Wikidata

La Bonaigua (en catalán: Port de la Bonaigua) é un porto de montaña do Pireneo catalán, a 2.076 metros de altitude, limítrofe entre as comarcas do Val de Arán e o Pallars Sobirà. Une as vilas de Salardú e València d'Àneu. Administrativamente pertence ao concello de Alt Àneu.

Antigamente era, xunto co túnel de Vielha, o único paso que permitía chegar ao Val de Arán dende o resto de Cataluña. A ermida e refuxio da Virxe das Ares era un punto estratéxico de descanso e refuxio. A principios do século XX abriuse un camiño de terra, apto para o tránsito rodado, que co tempo acabou formando parte da estrada C-28.

No lado aranés abriu en 1964 a estación de esquí de Baqueira Beret que foi crecendo ata a actualidade, na que os seus remontadores atópanse aos dous lados do porto e tamén no medio do paso.


Developed by StudentB